
¿IMAXINAS VIVIR ENTRE CHEIROS,
RUÍDOS E CONFLITOS?


DE QUE ESTAMOS A FALAR?
No lugar de Miramontes, a seis quilómetros de Compostela, construíuse no 2008 un vertedoiro co pretexto de aproveitar os ocos deixados por unha vella canteira de áridos. Na actualidade a canteira, o vertedoiro e mais unha planta de solos artificiais son explotadas por diferentes empresas coordinadas baixo o nome de Complexo Ambiental Miramontes. Os veciños, agrupados nunha plataforma, protagonizan desde hai anos unha loita contra as supostas irregularidades que se cometen no vertedoiro, situado a menos de 400 metros das casas, e as importantes consecuencias que ten na súa vida diaria.

Extensión do complexo en relación á zona vella de Compostela

Como o conta a prensa: percorre a historia de Miramontes

OS VECIÑOS
A loita veciñal protagoniza as protestas en Miramontes
Os veciños asócianse na Plataforma de Afectados polo Vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes para reclamar ás administracións competentes unha solución a un problema que está afectando ao seu modo de vida, saúde e convivencia. Falamos con eles para saber máis.
![]() | ![]() | ![]() |
---|
